Entrevista a Tempo de Lecer, Revista Dixital dedicada a la cultura
Entrevista a Tempo de Lecer Entrevista a Raquel Feijóo e Isral Eliaz AuriaTV Mario González Sánchez Tempo de Lecer Ourense é unha revista dixital con información das actividades culturais, de ocio e tempo libre de Ourense e a súa provincia. A finalidade da publicación é a de servir de punto de encontro entre os axentes e dinamizadores culturais e o público interesado neste ámbito, de tal xeito que poida estar puntualmente informado de toda a oferta de ocio existente no seu entorno. Tempo de Lecer persegue un dobre obxectivo: Por unha banda, informar a todas as persoas interesadas das posibilidades que teñen para gozar do seu tempo de ocio na provincia ourensá e, pola outra, cubrir os actos máis salientables dando conta do seu desenvolvemento a través de artigos que conteñen un texto escrito, fotografías ilustrativas do acto e un vídeo-resumo de entre 3 e 5 minutos de duración. Tempo de Lecer aproveita tamén todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías con canais pro