Entrevista, Foros Seixalbo 2016
Entrevista, Foros Seixalbo 2016 Entrevista a Marga Seara Festa dos Foros, 2016. Seixalbo AuriaTV Mario González Sánchez Asociación Cultural Agromadas O cinco de febreiro do de 1987, despois de cantar a misa en loanza de Santa Ádega, un grupo de veciños encabezados por Anselmo Iglesias e animados polo ambiente participativo que había en Seixalbo, deciden fundar unha coral que dera continuidade á tradición musical que había no lugar. A vida de Agromadas como entidade sempre xirou arredor da actividade da Agrupación Coral. Con Emilio Ferraz Sequeiros de presidente, Agromadas convírtese en Asociación Cultural. Cando rematou o curso 2001, Agromadas, tratando de poñer en marcha unha serie de actividades, afrontou unha nova organización. Esto implica que dentro da entidade caberían máis iniciativas que as estrictamente musicais. Ademais, realízanse periodicamente viaxes culturais a diversos lugares do Estado e ó pais veciño Portugal. Por outra banda, desenvolvéronse moitas activ