Entrevista a Xabier Álvarez Iglesias

Entrevista a Xabier Álvarez Iglesias


Entrevista a Xabier Álvarez Iglesias
Director de
Coro Universitario do Campus de Ourense
Mario González Sánchez

Cinco anos, catro coros e un día

Refuxiada: “aquela persoa que debido a fundados temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertenza a determinado grupo social ou opinións políticas, se atope fóra do país da súa nacionalidade e non poida ou, a causa dos devanditos temores, non queira acollerse á protección de tal país” (art. 1 da Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados, Xenebra, 28 de xullo de 1951).

Segundo ACNUR, actualmente no mundo viven 20 millóns de persoas cualificadas legalmente de refuxiadas. Destas, 4,8 millóns de persoas refuxiadas proceden do conflito bélico Sirio que neste ano 2016 vén de cumprir 5 anos. A estas cifras hai que engadir os 6,6 millóns de persoas desprazadas no interior da propia Siria. A maioría do total de persoas refuxiadas vive en países en vías de desenvolvemento, fronteirizos con Estados en conflito, dos que proceden. Apenas o 1% son reasentadas con carácter definitivo en terceiros países e a día de hoxe os gobernos dos países do primeiro mundo teñen ofrecido só 170.000 prazas para as persoas refuxiadas procedentes de Siria.

En marzo deste ano, a Unión Europea adoptou o acordo de expulsión a Turquía de todas as persoas inmigrantes ilegais chegadas a territorios da Unión, sen distinción entre aqueles que o facían por causas económicas daqueles que o eran polos motivos establecidos no Estatuto dos refuxiados.

A Universidade de Vigo, institución educativa con vocación de servizo público e que coñece ben sentirse parte dun pobo, entende o drama da fuxida da propia terra, deixando atrás país, idioma, casa, liberdade. Sensibles a estes feitos e, en particular, á guerra en Siria con terribles consecuencias para o pobo, e a súa xente, o Claustro da Universidade de Vigo aprobou na sesión celebrada o 9 de novembro de 2015 o Plan de Actuación e Acollida de Alumnos e Docentes Refuxiados. Tense analizado este feito a través de conferencias con académicas, xornalistas e profesionais abertas á cidadanía no seu conxunto. O conflito Sirio e o drama dos refuxiados estivo presente na XXI edición da Miteu. O Campus de Ourense colaborou con Portea Ourense para recoller material e produtos de primeira necesidade, entregándoos finalmente á Asociación de Apoio ao Pobo Sirio. Seguiremos, xa que logo, a tentar crear espazos para entender e para axudar, e en todo caso, sempre apelaremos ao principal instrumento do que dispoñemos na Universidade para contribuír a mudar a realidade: a palabra. Por iso hoxe, invocamos un cambio a través da palabra cantada coa unión de catro importantes coros da cidade de Ourense coa esperanza de que unha soa voz ecoe nas paredes de pedra, nas rúas de pedra, nos arcos de pedra, nas prazas de pedra, para acabar por remover os muros de pedra. Mentres, teremos aínda que seguir buscando a etioloxía do problema, sen deixar de preguntarnos nese punto, cando menos por un día, canto nos toca de responsabilidade. Para iso, tamén Universidade.

Virxilio Rodríguez Vázquez
Vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista a Salomé y Mariló Fdez. Senra

Entrevista a Magdalena del Amo

Entrevista a Eva Paz, Pub Balvís 54