Entrevista a Clube Ciclista Dúas Rodas

Entrevista a C. Ciclista Dúas Rodas


Entrevista a Clube Ciclista Dúas Rodas
V BTT Cidade de Ourense
AuriaTV
Mario González Sánchez
CLUBE CICLISTA DUAS RODAS
El Clube Ciclista Dúas Rodas (CC2R) es una asociación deportiva sin ánimo de lucro que pretende la práctica y la divulgación de la actividad deportiva en bicicleta, especialmente de montaña (BTT). Actualmente cuenta con 70 miembros de todas las edades. Su actividad principal es la organización y participación de eventos deportivos relacionados, como se ha dicho, con el mundo de la bicicleta, en especial, con la de montaña y con carácter no competitivo. En esencia, el disfrutar tanto de las dos ruedas como de los parajes que nos rodean.

V BTT CIDADE DE OURENSE - 12 DE XUÑO DE 2016

Organizada polo Clube Ciclista Dúas Rodas de Ourense, o 12 de xuño celébrase a quinta edición da marcha ciclista en bicicleta de montaña BTT CIDADE DE OURENSE. En colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, Deputación Provincial de Ourense, Deporte Galego da Xunta de Galicia e Federación Galega de Ciclismo, presentamos unha ruta con dúas distancias, unha de 35 km (popular) e outra de 60 kms e dificultade media/alta. O acumulado é de 750 e 1200 m + respectivamente. Saida ás 9,30 das piscinas de Oira. O ruta percorrerá os concellos de Ourense, Coles e Amoeiro. Por 5€ os federados e 10€ os non federados, teredes un avituallamiento sólido e líquido (2 para os participantes na ruta longa), duchas, lavado de bicis e un detalle da proba. Os primeiros clasificados nas categorías de ruta longa, ruta curta, fémina ruta longa e grupo máis numeroso levarán un trofeo e un detalle por parte dos colaboradores da marcha. Disfrutaredes dos sendeiros e paisaxes dos arredores de Ourense ademais de disfrutar do que vos gusta, a btt. Este ano con algunha novidade, como a posibilidade de facer tramos de Strava, unha rede social onde os deportistas soben os seus adestramentos gravados a partir de dispositivos GPS. A aplicación permite a creación de tramos ou segmentos, para os cales se elabora de forma automática unha clasificación por tempos con todas as persoas que pasaron por ese tramo, creando unha competición virtual que pretende estimular a práctica do deporte e aumentar as ganas de mellorar nos deportistas. Os dos primeiros de cada segmento levarán como agasallo unha camiseta. A ruta estará sinalizada por todo o percorrido e haberá carteis de información anunciando tramos de Strava, seguintes puntos de abastecemento e tramos que sexan de dificultade (tanto subidas ou baixadas). Entregarase con dorsal un Chip que controlará o tempo de cada participante dende a saída ata a chegada da proba. Animamos a tódolos ciclistas a participar nesta marcha e lembrade facer un uso responsable da bicicleta, un comportamente digno cos demais participantes e seguir as indicacións dos membros da organización. Nº Participantes: 200 Idade: entre 16 e 100 anos Chegada prevista ruta curta: 12:00 Chegada prevista ruta longa: 13:00.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista a Salomé y Mariló Fdez. Senra

Entrevista a Magdalena del Amo

Entrevista a Eva Paz, Pub Balvís 54