Entrevista, Foros Seixalbo 2016

Entrevista, Foros Seixalbo 2016



Entrevista a Marga Seara
Festa dos Foros, 2016. Seixalbo
AuriaTV
Mario González Sánchez
Asociación Cultural Agromadas

O cinco de febreiro do de 1987, despois de cantar a misa en loanza de Santa Ádega, un grupo de veciños encabezados por Anselmo Iglesias e animados polo ambiente participativo que había en Seixalbo, deciden fundar unha coral que dera continuidade á tradición musical que había no lugar.
A vida de Agromadas como entidade sempre xirou arredor da actividade da Agrupación Coral. Con Emilio Ferraz Sequeiros de presidente, Agromadas convírtese en Asociación Cultural.
Cando rematou o curso 2001, Agromadas, tratando de poñer en marcha unha serie de actividades, afrontou unha nova organización. Esto implica que dentro da entidade caberían máis iniciativas que as estrictamente musicais.

Ademais, realízanse periodicamente viaxes culturais a diversos lugares do Estado e ó pais veciño Portugal.
Por outra banda, desenvolvéronse moitas actividades culturais e musicais que trouxeron a Seixalbo os mellores coros de Galicia. Agromadas organizou dous anos o Memorial de composicion e interpretacion de Música de nova creación Anselmo Iglesias no que participaron corais de toda Galicia.
No eido de publicacións, AGROMADAS realizou diversas publicacións en papel. Así editáronse seis libros: tres de música, un de poemas e relatos ilustrados, outro de toponimia e unha revista na que se compilan os quince anos de vida da Coral; ademáis da revista dixital SOLAINA. Igualmente participou noutras publicacións feitas en Seixalbo.
A última publicación, e quizais a máis salientable é o traballo histórico-etnográfico SEIXALBO: ANACOS DO PASADO.
Datos históricos: Seixalbo Vila e Couto do Bispado ate 1859.

Dende o ano 886 no que Alfonso III o Magno doa o chamado Couto Vello de Ourense ao Bispo, no que está inclúido Seixalbo, para que este exerza os dereitos forais, ate mediados do século dezanove. Polo que os veciños deste lugar pagan as chamadas Rendas ou Foros, as autoridades relixiosas, ate a resolución deste xuízo en 1859. Nestas rendas está tamén a chamada lúctuosa, pago por tansmisións do foro, etc.
"Cincocentos moios eran/ de bo viño do lugar/ para manter ao Sr. Bispo/ e a Curia Episcopal. Son privilexios antergos/ de tempos inmemoriais/ datan de alfonso III / e veñen de moi alá."

Vinte anos de pleito
Debido á forza das institucións municipais, a duplicidade de impostos froito da anexión ó Concello de Ourense e as leis desamortizadoras, no ano de 1839 un grupo de 133 veciños, un por familia que ten terras aforadas, deciden presentar un pleito na Audiencia Provincial de Ourense, a cual, pasado un tempo, declárase incompetente para resolvelo. O pleito pasa á Coruña e despois de moitas idas e voltas remata en Madrid no mes de Xullo de 1859 eximindo do pago das rendas ós veciños de Seixalbo, e perdendo a categoría de Vila e Couto do Bispo.
O principal impulsor deste pleito foi Fernando Freire Carril, nado en Congostro de Limia, ao que quixemos lembrar colocando unha placa conmemorativa na casa onde viviu, na primeira Festa celebrada en Xullo de 2006.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista a Salomé y Mariló Fdez. Senra

Entrevista a Magdalena del Amo

Entrevista a Eva Paz, Pub Balvís 54